Relatores Ourense

Aos 22 anos funda a súa primeira compañía de software, Visual Microsystems, xerme do actual grupo empresarial que dirixe baixo o mesmo nome. Posteriormente funda Web Project, especializada en Internet, Visual Trans empresa de Solucións Empresariais para Transitarios, Visualbeo empresa especialista en ERP de código aberto, vCenter un centro tecnolóxico para empresas de Software e por último Velneo unha Plataforma de desenvolvemento de aplicacións empresariais. O Grupo factura hoxe en 30 países diferentes.

No ano 2001 recibe "Premio Emprendedores 2001" que outorga a Fundación Empresa Universidade Galega, no ano 2005 recibe o premio á "Mellor Xestión Empresarial", outorgado pola Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra, en 2006 recibe o premio "Reinas Emprendedor do ano 2006", nos anos 2009, 2010 e 2011 a fundación americana "Great Place to Work" inclúe ao Grupo Visual MS como "Mellor empresa para traballar en España" (na categoria de 50 a 100 empregados).

Estudou Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois do primeiro ciclo continuou a súa formación como interiorista. A comezos da década de 2000, demostrou os seus dotes para o humor actuando en varias salas de España e gañando diferentes certames de monólogos. En 2005 montou o seu primeiro espectáculo, titulado "Un día horrible", e foi o coautor de “Gazapos”, unha obra representada por Manicómicos.

A súa timidez ante as cámaras non foi un obstáculo para presentarse aos cástings de "El Rey de la comedia", sendo seleccionado xunto a outros 19 finalistas dun total de 2000 aspirantes. O seu acento galego e as súas bromas sobre iogures ou comedores universitarios gustaron ao público, que o elixiu como vencedor da primeira edición do concurso.

A raíz da súa vitoria en "El rey de la comedia", en 2007 estreou o seu segundo espectáculo, "Imos deixarnos de hostias", e en 2008 o terceiro, “O día no que empecei a odiar os iogures e outras desgracias”. Ademais, en 2008 foi fichado por La Sexta para "Sé lo que hicisteis... ". En paralelo, mantén unha xira de actuacións en solitario e participa na comedia teatral "Contamos contigo".

En 2010 publicou na editorial compostelá Auga Editora publicou "Novidades, recordos, artigos de coña", prologado polo seu compañeiro de programa Ángel Martín e con ilustracións de Sergio Kozlov.

Vicepresidenta da CEO.
Xerente de Licentia, Formación e Investigación e socio capitalista en Trabeculae, empresa de base tecnolóxica. Con anterioridade, foi coordinadora de proxectos de I+D+i en Trabeculae.
En 1994, iniciou a súa carreira profesional como bolseira do Parque Tecnolóxico de Galicia, entidade da que hoxe é súa Directora Xeral tras pasar por diferentes postos de responsabilidade. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, é Máster en Recursos Humanos pola Universidade Pontificia de Comiñas e a Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria da Cámara de Comercio de Ourense
O director Técnico de Volumétrika Media cursou o Grao en Multimedia na UOC ( Universidade Oberta de Cataluña ) e na cal segue estudando e formándose en distintas áreas do multimedia aínda que sempre centrado na área que máis lle apaixona os gráficos 3D. O grao de Multimedia ten como obxectivo a formación de profesionais altamente cualificados e conectados co mundo das empresas e a industria multimedia; profesionais capaces de dirixir, realizar e producir proxectos que demandan coñecementos específicos sobre deseño e desenvolvemento de webs, usabilidade e deseño de interfaces, grafismo dixital 2D e 3D, animación, realidade virtual e vídeo na Rede.
É o delegado en Ourense de la Sociedad de Garantía Recíproca de la Pequeña y Mediana Empresa de Pontevedra y Ourense, SOGARPO, S.G.R. Cursou a licenciatura en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Santiago de Compostela e é máster en Dirección Financeira polo Centro de Estudos CEREM de Madrid.

É socio fundador de Working Capital. Inicia a súa carreira profesional vinculado á Banca de Empresas en Banco Etcheverría como "Xerente de Unidade de Desenvolvemento" e no Departamento de Riscos. Profesor Titular de Xestión de Patrimonios no Máster en Banca e Mercados Financeiros da Escola de Finanzas.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e DEUSA en Análise Económica pola Universidade da Coruña, Máster en Banca e Mercados Financeiros e Posgrao en Produtos Financeiros Derivados pola UdC, Operador de Mercado MEFF polo Instituto BME, Máster en Competencias Directivas por Escola de Finanzas e European Financial Advisor(€FA) certificada por EFPA España.

Tras traballar nas oficinas comerciais tanto da Cámara Española de Comercio en Miami como da Embaixada de España en Singapur, pasou pola Asociación Téxtil de Galicia e por Diseño Textil Gallego ata chegar á oficina do IGAPE de Ourense, onde ocupa un posto na Subdirección de Promoción Empresarial.

É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Membro do Comité de Investimentos de InnoBAN. Enxeñeiro industrial, emprendedor do sector TIC, membro da Rede de Mentores de Galicia e socio da consultora Bridgedworld. Foi promotor, fundador, socio e conselleiro de Galicia Banner, primeira axencia galega de publicidade on-line, actualmente integrada no grupo Elogia e foi un dos fundadores de EGANET, a Asociación Galega de Empresas Galegas de Software e Servizos TIC. Foi Promotor e organizador dos "Foros de Investimento Zaqueo" e na actualidade é membro do comité de investimentos da rede de business angels InnoBAN.
Desde outubro de 2010, é a Directora Xeral de BIC Galicia, organismo da Xunta de Galicia. Maite Cancelo provén do eido universitario onde é profesora titula da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foi Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE).
Presidente do Círculo de Xoves Empresarios de Ourense.

Presidente da Asociación Empresas Galega de Software Libre, membro da Xunta Directiva do Círculo de Xóvenes empresarios de Ourense e profesor externo no Máster en Consultoría de Software Libre da Universidade de Vigo , no ano 2004 funda Redegal S.L que é unha firma de desenvolvemento de software que ten a súa sede principal en Ourense, dirixindo un equipo de 14 enxeñeiros informáticos formados integramente na Universidade de Vigo e repartidos entre Galicia e Madrid.

Actualmente compaxina o seu cargo como xerente da empresa Redegal co de asesor en varias empresas TIC galegas participando no seu comité de dirección.

Licenciada en Ciencias Políticas, a súa paixón sempre foi o desenvolvemento local. Empezou a súa traxectoria profesional como técnica de emprego na Administración Pública para pasar a ser asesora e formadora na empresa privada. Do traballo por conta allea a empresaria por conta propia. Do emprendemento ao turismo. Fátima Rodríguez di que a creatividade e as sinerxías son os seus retos do día a día.
Licenciada en Ciencias Políticas, exerce como consultora e coordinadora de equipos e proxectos de desenvolvemento e turismo. María Mesías afirma que procesos, metodoloxías, racionalidade e sistematización da creatividade son as ferramentas que guían a mellora continua do seu traballo diario.

Chévere é unha compañía de teatro con máis de 20 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos de teatro máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón tamén cunha estética e un estilo propios e moi recoñecibles. Aínda que mantén un núcleo estable (Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron), Chévere caracterizouse por incorporar aos seus proxectos a numerosos profesionais de distintas procedencias xeográficas e creativas, convertíndose nunha auténtica canteira teatral.

Ademais do seu labor especificamente teatral, recoñecido dentro e fóra de Galicia, Chévere vén colaborando desde hai anos en distintos proxectos de divulgación científica, promoción económica (emprendedores e comercio) e turística promovidos pola Xunta de Galicia e outras entidades públicas e privadas. Baste citar as experiencias teatrais realizadas para a divulgación da nanotecnoloxía, a colaboración estable cos Museos Científicos Coruñeses, o proxecto Escapárate de promoción do comercio de proximidade a través do teatro, os traballos dirixidos a emprendedores feitos en colaboración con BIC Galicia, ou as iniciativas para sensibilización sobre temas de igualdade e xénero dirixidas a mulleres, feitas en colaboración co Servizo Galego de Igualdade.

IES Portobello (Ourense).