Aos 22 anos funda a súa primeira compañía de software, Visual Microsystems, xerme do actual grupo empresarial que dirixe baixo o mesmo nome. Posteriormente funda Web Project, especializada en Internet, Visual Trans empresa de Solucións Empresariais para Transitarios, Visualbeo empresa especialista en ERP de código aberto, vCenter un centro tecnolóxico para empresas de Software e por último Velneo unha Plataforma de desenvolvemento de aplicacións empresariais. O Grupo factura hoxe en 30 países diferentes.

No ano 2001 recibe "Premio Emprendedores 2001" que outorga a Fundación Empresa Universidade Galega, no ano 2005 recibe o premio á "Mellor Xestión Empresarial", outorgado pola Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra, en 2006 recibe o premio "Reinas Emprendedor do ano 2006", nos anos 2009, 2010 e 2011 a fundación americana "Great Place to Work" inclúe ao Grupo Visual MS como "Mellor empresa para traballar en España" (na categoria de 50 a 100 empregados).