Itinerario: Emprendendo.

09:30-10:30: Emprendendo dende Ourense.

Presenta: Flora Castro (Vicepresidenta da CEO).

Relatores: Sonia Dapía (Xerente de Licentia, Formación e Investigación), Luisa Pena (Directora Tecnópole), Victoria Rois (Secretaria Xeral Cámara de Ourense) e Máximo Santás (Director Técnico de Volumétrika Media).

Resumo: Nesta mesa analizaranse os apoios existentes en Ourense a disposición dos emprendedores, pero tamén a súa experiencia e as súas necesidades.

Flora Castro introducirá a mesa e comentará a creación dunha Rede de Mentores de Internacionalización como punto de encontro entre mentores e mentorizados (creación de empresas con orientación exportadora) como unha actividade específica dentro do Proxecto ECICII da Euroregión Galicia- Norte de Portugal. O proxecto ECICII está cofinanciado ao 75%  no marco do Programa POCTEP  da  Unión Europea.

Como mostra, de que idear proxectos empresariais diferentes dende Ourense, Sonia Dapia relatará a posta en marcha de Litentia, Formación e Investigación, un proxecto empresarial destinado á oferta de servizos de formación, investigación e profesionais no campo sociosanitario; mentres que Máximo Santás, compartirá a súa experiencia lanzando Volumétrika, empresa que busca xerar visualizacións realistas e videoanimaciones de proxectos de enseñería e arquitectura. 

Na parte das infraestructuras, destaca a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) é un recinto de 550.000 metros cadrados en proceso de ampliación con servizos avanzados para empresas de base tecnolóxica e elevado perfil innovador. O apoio ao emprendemento é un dos nosos eixos da institución, razón pola que forma parte da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas a través dos nosos dous viveiros propios. O Centro de Empresas e Innovación (CEI) ten 70 niños repartidos en 2300 m2 e o Tecnópole I achega 3000 m2 con 24 espazos de traballo. A estes dous súmase o Viveiro Empresarial da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.