Itinerario: Emprendendo.

10:30-11:15: Financiamento de proxectos emprendedores.

Presenta: Ruth Pereira (IGAPE).

Relatores: Alberto Blanco (Sogarpo), Javier López (Socio Fundador de Working Capital) e Javier Represas (Socio da Rede de Business Angels Innoban).

Resumo: Durante a xornada tamén se tratará uns dos temas que preocupa a todos aqueles que están pensando en montar un negocio: o financiamento. Neste sentido, expertos como Javier López, Socio Fundador de Working Capital; Alberto Blanco, de Sogarpo, e Javier Represas, socio da rede Business Angels InnoBAN, exporán algunhas claves para pór en marcha unha empresa con certas garantías de éxito. 

O contexto financeiro actual de restrición do crédito, provoca que as empresas deban de revisar o seu modelo de financiamento tradicional baseado case ao 100% no financiamento bancario, polo que os mecanismos de financiamento vía capital cobran maior sentido se cabe nestes tempos.

As empresas que queiran captar recursos propios para financiarse han de presentar plans de negocio atractivos para os investidores e orientar a súa xestión cara á rendibilidade, feito que repercute positivamente nas compañías e nos actuais accionistas. Ademais do plan de negocio, o outro factor crave para levar a éxito un proceso de ampliación de capital, é a preparación do equipo directivo para negociar co investidor, transmitir confianza no cumprimento do plan de negocio, elaborar a documentación da operación (teaser, infomemo e management presentatation), negociar o pacto de socios cos novos accionistas e conseguir maximizar a valoración da compañía.

Este procedemento, con maior ou menor nivel de esixencia e as súas especificidades, é común tanto para unha start-up que busca financiamento para o seu lanzamento coma para unha empresa que busca financiar a súa expansión e coloca participacións empresariais entre detallistas a través dun mercado de valores.