Itinerario: Desenvolvemento local ADLs.
13:15-14:15: Pepa de Jericó, orientadora de futuros (emprendedores).
Relatores: Pepa Yáñez, Iria Pinheiro (Chévere Producións).Resumo: Tes unha idea de negocio ou queres montar unha empresa, pero non acabas de entender como funciona este mundo empresarial, cheo de siglas, novos conceptos e palabriñas en inglés de incerto significado. Ou es un profesional dedicado ao asesoramento ou ao desenvolvemento local e xa non tes claro como motivar aos teus potenciais emprendedores. Chévere non ten respostas, nin solucións inmediatas, pero desde o teatro pode ofrecervos unha mirada divertida, irónica e sen prexuízos sobre todo iso que rodea o emprendemento empresarial, algo que sen dúbida fará que lle perdas o medo e que che resulte máis apetecible iniciarte como emprendedor.

