Itinerario: Desenvolvemento local ADLs.
17:15-18:15: Seminario habilidades para técnicos: Deseño de proxectos innovadores.
Relatores: María Mesías (Consultora e coordinadora de equipos e proxectos de desenvolvemento e turismo).Resumo: Falta de tempo para pensar e xogar. Prazos de xustificación que se nos botan enriba. Prioridades dos nosos superiores. Reticencias do entorno... Sempre haberá motivos que xustifiquen replicar outras ideas, que foron orixinais noutro territorio, noutro momento ou noutro contexto.
En Promove nos esforzamos por xerar ideas innovadoras e aplicalas aos nosos proxectos. Queremos contarvos como o facemos. Como deseñar ideas novas ou extrapolar, adaptar e mellorar ideas existentes, serán o eixo da nosa intervención.
Os problemas serán o punto de partida que nos permitirán chegar ás solucións aplicadas a cada caso. Para comunicar dunha forma visual e práctica, utilizaremos exemplos e casos reais. A participación do público asistente servirá para compartir ideas e suxerir solucións creativas a casos concretos.

