Traballou como guionista para programas de televisión como "El club de la Comedia" ou "Cruz y Raya".
Tamén foi colaborador, director e guionista do programa de maxia "Nada por aquí".
Actualmente é colaborador e guionista do programa "El Hormiguero".
Piedrahita, ademais, é autor de tres libros de monólogos: "Un cacahuete flotando en una piscina ¿sigue siendo un fruto seco?", "Cada cuánto hay que echar a lavar un pijama?" e "Dios hizo el mundo en siete días... y se nota".
Tamén colaborou nas obras de teatro: "5hombres.com", "5mujeres.com" e "Entre fuerte y flojo".
Para a radio traballou no programa matutino "No somos nadie", de M80 Radio.E en cinema escribiu e dirixiu, xunto con Rodrigo Sopeña, a longametraxe "La habitación de Fermat", estreada en máis de cincuenta países. Ademais colaborou no guión da longametraxe Cosas que fan que a vida valla a pena, dirixida por Manuel Gómez Pereira.


