Gilberto SánchezDirector Editorial de Virtual Toys e Secretario Xeral do DEV, Asociación Española de Empresas Produtoras e Desarrolladoras de Videoxogos e Software de Entretemento Profesional relacionado co mundo editorial e a contorna das novas tecnoloxías.

Alternou gran parte da súa actividade laboral traballando en análise de negocio, xestión de equipos multidisciplinares e a súa vocación docente.

Na súa anterior responsabilidade levou a xerencia do Ateneo de Madrid, primeira biblioteca privada nacional e a segunda máis importante de Madrid.

Virtual Toys é unha empresa dedicada á produción e desenvolvemento de videoxogos Actualmente é unha das principais empresas españolas desarrolladoras e distribuidoras dixitais, contando con títulos propios para o mercado das consolas de última xeración que se venden en todo o mundo. 

 Recentemente Virtual Toys resultou finalista no prestixioso Premio Príncipe Felipe á Sociedade da Información. Esta distinción vén recoñecer, por primeira vez para unha empresa de videoxogos, o potencial desta industria dentro do sector dos contidos dixitais.