Actualmente é o Director Territorial de Comercio e Delegado do ICEX en Galicia. Dende o ano 1979, desempeñou diferentes cargos na administración comercial española.
Así mismo, exerceu a docencia en diferentes universidades e centros de ensinanza,como a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Vigo, o Instituto de Empresa de Madrid ou a Universidade de Santiago de Compostela na que impartiu clases no Master en Xestión de Comercio Exterior dende o ano 1998-2003.
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Autónoma de Madrid. Publicou numerosos artigos sobre temas económicos.Entre 1996 e 2002 foi coautor do Informe Anual sobre o Comercio Exterior de Galicia patrocinado polo Banco Pastor.En 2004 é tamén coautor da obra "Análise da estrutura xeográfica das exportacións de Galicia" publicada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.


