• Esta cita de emprendedores, que este ano celébrase nas cidades de Santiago, Lugo e Ourense, forma parte desta iniciativa europea na que participan outros 36 países .
  • Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011.- A Comisión Europea e a Secretaría Xeral de Empresas e Industria da Unión Europea organizarán do 3 ao 9 de outubro a European SME Week (Small and Medium Sized Enterprises Week) co obxectivo de recoñecer e promover o emprendedurismo.

    Con esta iniciativa, que se realiza por terceira ocasión, a Comisión Europea pretende crear un espazo para informar sobre as accións que, os gobernos europeos, administracións rexionais ou locais, están a facer en materia de apoio a PEME e emprendedores.

    O Día do Emprendedor Galicia sumarse a esta iniciativa na que participan outros 36 paises do ámbito europeo. Así, o encontro, que se celebrará o próximo 18 de outubro en Lugo, 20 de outubro en Ourense e 25 de outubro en Santiago, aparecerá como un dos eventos relacionados con European SME Week e, polo tanto, plataforma de promoción do emprendedurismo na sociedade e de recoñecemento á figura dos emprendedores pola súa contribución e compromiso. .