Relatores

 Presidente, socio fundador e principal accionista do grupo INTERCOM (España). PADE (Programa de Alta Dirección) de IESE.

A súa actividade en Internet iníciase en 1995 coa creación de Intercom, unha incubadora de negocios en Internet. Dende entón impulsou 50 empresas de moi diversos sectores, o que lle proporciona unha visión ampla e profunda do sector online. Tres das empresas nacidas no seo de Grupo Intercom alcanzaron en Europa o primeiro posto do seu sector en audiencia (Softonic.com, Emagister.com e Infojobs.net).

Foi xogador de balonmán profesional (subcampión do mundo coa selección española sub-18) e participou no campionato de España de quads, pero a súa verdadeira vocación descubriuna ao presentarse a un programa de humoristas na TVG. Dende entón, actuou en series como "Mareas vivas", "4º sen ascensor", participando en programas como o "Rey de la Comedia" ou o "Supermartes". O seu carácter entrañable e o seu impoñente físico forman unha combinación difícil de bater e convertérono no primeiro contachistesguapo da historia.

Moi interesado na parte creativa, colaborou como guionista en diversas produccións como "A familia Varela", ou o "Programón", "A Grande Escapada" ou o "Latexa Night" e "Land Rober". No ano 2010 fíchano para o programa "El Club el Chiste", o que lle dá visibilidade nacional. Entre os seus últimos traballos destaca o espectáculo "Pasa a tomar un café...cuando quieras", que representa en varias cidades. 

Xoan Miguel Concheiro é o actual Subdirector Xeral Cooperativas e Economía Social. Leva máis de 20 anos en  diferentes postos da Administración Pública ligado, ata o 2009, á Consellería de Medio Rural. Dende entón forma parte do equipo da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. Cursou estudos de enxeñería agrónoma e é Máster en “Evaluación de Impacto Ambiental” polo Instituto de Investigaciones Ecológicas de Málaga.

Diplomado en Estudos Empresariais pola Universidade da Coruña, Luis García Deber combina a súa función docente no ámbito da creación e xestión de empresas coa Dirección da Fundación Ronsel desde o ano 2000. Membro da Xunta Directiva da Asociación Española de Entidades por el Empleo “Red Araña”. Membro do Consello de Administración a Promotora de Iniciativas Empresariais e Sociais, S.A.

Carlos Piñeyroa é un profesional comprometido coa exclusión, especialmente co mundo do acompañamento de persoas presas, as súas familias e as vítimas dos delitos a través da Asociación “¿hablamos?” (www.asociacionhablamos.es), e o proxecto “Confianza” para acoller a persoas en casa durante o tempo do seu permiso penal.

Actualmente forma parte de INIT Corporación (www.theinit.com) como  xerente do CIEM (Centro de Incubación Empresarial de Milla Digital) de Zaragoza (www.ciemzaragoza.es). Licenciado en dereito pola Universidad de Zaragoza, é máster en “Dirección de RRHH” polo CEF e máster en “Prevención de Riesgos Laborales” por CREA Practitioner en Programación Neurolingüística.

Irene BonetIrene Bonet é a actual presidenta da Federación de Empresarias de Galicia. Desde o ano 1994 está ligada a entidades asociativas relacionadas co mundo da muller empresaria, como é a Asociación de Empresarias da Coruña. Foi ademais membro do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais entre 1998 e 1999, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Avogada procesalista  de profesión, funda en 1994 MARBO AVOGADOS, despacho de servizos xuridicos que ten as súas sedes na Coruña e Arteixo. MBA pola Escola de Negocios de Caixanova e Especialista en Protección de Datos e Especialista en Urbanismo polo Centro de Estudios Financieros e en Dereito Concursal polo Centro de Estudos LEX NOVA.

Promotora de Hifas dá Terra S.L., empresa de biotecnoloxía aplicada á micoloxía con sede na parroquia pontevedresa de Bora que apostou pola internacionalización e que xa está presente en Portugal, Italia, Francia ou Nova Zelandia. A compañía ven de recibir o I Premio Xoven Empresario de Galicia 2010 que otorga a Federación de Xóvenes Empresarios de Galicia (FEGAXE).

Catalina Fernández cursou a licenciatura en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Vexetal, na Universidade de Santiago de Compostela. Atópase realizando ou seu traballo de doutoramento sobre “Fungos Mediciñais contro Candida albicans”.

Actualmente, é a directora do Programa Woman Emprende (Universidade de Santiago de Compostela) que promove a igualdade de oportunidades entre home e mulleres universitarios para o acceso á creación da propia empresa.

Colabora ademáis no programa de creación de empresas UNIEMPRENDE participando activamente no asesoramento a emprendedoras e spin-off universitarias e na axuda á creación e posta en marcha de empresas de base tecnolóxica.

Eva López é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, e máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela..

Responsable do Programa PAEM da Cámara de Comercio de Ourense.

É o CEO Socio Fundador de Argonautica Grupo Náutico SL / Lanautica.com. A súa traxectoria profesional comezou Ibergroup China S.A. Desempeñou cargos de responsabilidade en empresas como Serviguide ou Balidea até decidirse a emprender e montar a súa propia compañía, dedicada á náutica e o comercio electrónico.

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Francia Exportación-Loxística-Transporte (Francia) cursando a especialización CESTEX (Desenvolvemento do Comercio e a Loxística Internacional da empresa) e IPER (Institut Portuaire d’Enseignement et de Recherche) na Escola Superior de Comercio de Le Havre (Francia).

Desde outubro de 2010, é a Directora Xeral de BIC Galicia, organismo da Xunta de Galicia. Maite Cancelo provén do eido universitario onde é profesora titula da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foi Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE).

Daniel RamosDesde mediados do ano 2002, é Presidente da Asociación Marineda de Novos Empresarios (AJE A Coruña) e da Federación Galega de Asociacións de Novos Empresarios (FEGAXE) e ocupou diversos postos de representación na directiva da asociación sectorial Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET). Actualmente é Vicepresidente 1º na Comisión executiva da Confederación Española de Asociacións de Novos Empresarios (CEAJE), membro da Xunta Directiva da Confederación de Empresarios da Coruña e de Galicia e vocal no pleno da Cámara de Comercio da Coruña.

Tras unha curta experiencia como docente e traballos como Monitor de Actividades de Tempo Libre para a Xunta de Galicia, funda a súa primeira empresa no ano 2000 chamada CORUNET S.C.P. onde desempeña as tarefas de Socio Director Comercial. No mes de Abril de 2004 constitúe CORUNET S.L. e ocupa o mesmo cargo. Ambas compañías dedícanse a desenvolver proxectos en Internet.

.
É o director xerente da Federación Galega de Xoves Empresarios e membro do comité de Investimentos do Fondo Xes Innovaes. Está licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e Máster en Asesoría Fiscal e Tributación polo Centro de Estudos Financeiros (C.E.F.).

Con anterioridade foi responsable do Departamento Técnico de Proxectos e área de emprendedor: PAIT (Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación) de SRL e SLNE, e técnico de emprego na Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios da Coruña e na Federación Galega de Mulleres Empresarias. Ademais ejercio como Secretario Xudicial e avogado no despacho Nieto&Asociados.

Yolanda FalcónÉ licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Máster en Banca e Finanzas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade profesional desenvolveuse na área de comercio exterior dunha PEME familiar, na área de creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela.

Comeza a súa actividade profesional no sector do capital risco no ano 2002 en UNIRISCO GALICIA, S.C.R.S.A, sociedade impulsada polo tres universidades galegas para realizar investimentos en spin-off científico tecnolóxicas creadas na contorna universitaria galego.

Actualmente é xerente de investimentos en UNIRISCO e UNINVEST, S.G.E.C.R.S.A., sociedade xestora dun fondo de 18,5 millóns de euros destinada a realizar investimentos en compañías de base tecnolóxica xurdidas de centros públicos de investigación e/ou universidades en todo o territorio español.

Actualmente, é responsable da OTRI (Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación) da Universidade de Vigo.

Coordina os proxectos de transferencia tecnolóxica, de divulgación da cultura científica e de cooperación territorial (proxectos TEMPUS) e é membro da Asociación Proton Europe (Rede de Transferencia de Tecnoloxía de Universidades e centros de investigación europeos). Curso a licenciatura en Filoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e a de Dereito pola UNED.

É socio fundador da empresa Imatia Innovation que comezou sendo unha spin-off da Universidade de Vigo e hoxe emprega a máis de 60 persoas nos seus centros de Vigo e A Coruña.

Previamente, Eduardo Carmena formou parte do Grupo DASA, departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática da Universidade de Vigo, onde foi promotor do lanzamento empresarial do proxecto Imatia no programa Empresa-Concepto.

É enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo.

Rosa CardesoLicenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.  Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Master de Dirección en RRHH. Master en Práctica Xurídica.

Na actualidade é a Xerente do Viveiro de Empresas da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago e Directora do Departamento de Creación de Empresas participando activamente nos labores de asesoramento na posta en marcha e consolidación de novos proxectos empresariais.

Responsable, así mesmo, do desenvolvemento do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres, iniciativa do Instituto da Muller e as Cámaras de Comercio, que conta co apoio financeiro do FSE.

Cámara de Comercio da Coruña.

Responsable da Unidade de Programas de Internacionalización do IGAPE e Director Técnico do Proxecto ECICII cofinanciado ao 75%  no marco do Programa POCTEP da Unión Europea.

Patricia ForjanFundadora de Cadelin.com