Foi xogador de balonmán profesional (subcampión do mundo coa selección española sub-18) e participou no campionato de España de quads, pero a súa verdadeira vocación descubriuna ao presentarse a un programa de humoristas na TVG. Dende entón, actuou en series como "Mareas vivas", "4º sen ascensor", participando en programas como o "Rey de la Comedia" ou o "Supermartes". O seu carácter entrañable e o seu impoñente físico forman unha combinación difícil de bater e convertérono no primeiro contachistesguapo da historia.

Moi interesado na parte creativa, colaborou como guionista en diversas produccións como "A familia Varela", ou o "Programón", "A Grande Escapada" ou o "Latexa Night" e "Land Rober". No ano 2010 fíchano para o programa "El Club el Chiste", o que lle dá visibilidade nacional. Entre os seus últimos traballos destaca o espectáculo "Pasa a tomar un café...cuando quieras", que representa en varias cidades.