Xoan Miguel Concheiro é o actual Subdirector Xeral Cooperativas e Economía Social. Leva máis de 20 anos en diferentes postos da Administración Pública ligado, ata o 2009, á Consellería de Medio Rural. Dende entón forma parte do equipo da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. Cursou estudos de enxeñería agrónoma e é Máster en “Evaluación de Impacto Ambiental” polo Instituto de Investigaciones Ecológicas de Málaga.