Irene Bonet é a actual presidenta da Federación de Empresarias de Galicia. Desde o ano 1994 está ligada a entidades asociativas relacionadas co mundo da muller empresaria, como é a Asociación de Empresarias da Coruña. Foi ademais membro do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais entre 1998 e 1999, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.
Avogada procesalista de profesión, funda en 1994 MARBO AVOGADOS, despacho de servizos xuridicos que ten as súas sedes na Coruña e Arteixo. MBA pola Escola de Negocios de Caixanova e Especialista en Protección de Datos e Especialista en Urbanismo polo Centro de Estudios Financieros e en Dereito Concursal polo Centro de Estudos LEX NOVA.
Santiago 
