José Manuel Fernández é xerente da oficina IGAPE IP dentro da nova Área de Competitividade do IGAPE, e encárgase do deseño, posta en marcha e xestión de apoios á mellora da competitividade da empresa a través da innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a reorientación do negocio. Desenvolveu a súa carreira profesional no IGAPE dende 1995, onde foi anteriormente técnico da Área de Innovación e responsable de deseño e seguimento de procedementos.
Enxeñeiro en informática pola Universidade Politécnica de Madrid e máster en dirección de sistemas e tecnoloxías da información e comunicacións polo Instituto Nacional da Administración Pública.
Santiago 
