
Técnica de Proxectos da Ucetag dende 2010. Diplomada en Ciencias Empresariais, anteriormente foi bolseira do Programa de Apoio á Función Xerencial en Cooperativas promovido pola Asociación de Cooperativas EIXO, durante un ano, acadando unha importante capacitación en cooperativismo. Traballou durante 4 anos para o sector das asesorías desempeñando funcións de xestión, contabilidade e consultoría.
Sempre estivo vinculada ao mundo das asociacións culturais ( A.C.F O Fiadeiro, Escola de Música de Mos, Banda de música Xuvenil de Torroso-Mos ). É socia colaboradora de Coop 57 dende xaneiro de 2011, e representante da UCETAG formando parte da comisión técnica para a valoración dos proxectos de Coop 57 dende Xuño de 2011.
Santiago 
