Itinerario: Oportunidades de negocio.
9:30-10:30: Emprender dende a Universidade.
Relatores: Yolanda Falcón (Xerente de investimentos de UNIVEST), Ángeles López (Directora de OTRI da Universidad de Vigo) e Eduardo Carmena (Socio Fundador de Imatia Innovation).Resumo: As universidades adoptaron unha cultura emprendedora para responder aos retos sociais e económicos e para asumir con maiores garantías a súa terceira misión, que é a de contribuír co coñecemento ao progreso social e ao desenvolvemento económico do país.
Na súa intervención, Yolanda Falcón fará unha pequena presentación das sociedades de capital risco UNIRISCO e UNINVEST, como instrumentos especializados no financiamento de compañías innovadoras xurdidas do ámbito científico español e exporá as características e a evolución de dúas compañías que teñen participadas, unha do ámbito da nanotecnoloxía e a outra do sector da alimentación.
Ángeles López explicará como a xeración de empresas é unha vía de transferir o coñecemento universitario cara á sociedade e un xeito de rendibilizar e darlle utilidade á investigación universitaria. Asimesmo falará das dificultades e vantaxes de emprender dende as universidades, así como os procedementos da súa posta en marcha, o marco legal que ampara esta actividade e as incompatibilidades dos investigadores.
Santiago 
