Itinerario: Oportunidades de negocio.
13:15-14:15: A internacionalización como vía de emprendemento.
Modera: Juan Feijoo (Responsable da Unidade de Programas de Internacionalización IGAPE).
Relatores: Patricia Forjan (Fundadora de Cadelin.com) e José Luis González Cardalda (Confederación de Empresarios de Galicia).
Resumo: Na situación económica actual, a internacionalización amósase como unha opción real para a búsqueda de oportunidades de negocio en países onda a crise é menos profunda. Para este salto, existen numerosas axudas que, pese aos esforzos das administracións, moitas veces son unhas grandes descoñecidas para os empresarios. Durante esta mesa redonda, exporanse as últimas liñas de axuda así como os requisitos necesarios para acceder ás mesmas.
Moderará a mesa Juan Feijoo e exporá a creación dunha Rede de Mentores de Internacionalización como punto de encontro entre mentores e mentorizados ( creación de empresas con orientación exportadora) como unha actividade específica dentro do Proxecto ECICII da Euroregión Galicia- Norte de Portugal.
Pola súa parte Patricia Foján, fundadora de Cadalin.com, contará como levoua a súa idea de negocio de Galicia a Nova York. José Luis González Cardalda relatará os proxectos e axudas impulsado desde a Confederación de Empresarios para a internacionalización das empresas galegas.
Santiago 
