Itinerario: Financiamento.

13:15-14:15: Financiamento e Innovación.

Relatores: José Manuel Fernández (Xerente da Oficina Competitiva IGAPE IP) e Pablo Martínez García (Autor do libro "Business Angels. Aprender a innovar").  

Resumo: Abordarase a importancia da innovación nos proxectos de emprendemento  e sobre o que supón a innovación na nova contorna; comprender os cambios aos que se vé sometido un negocio é o paso previo para comezar un proceso de innovación, sempre tendo presente os hábitos de consumo do cliente, que é o que marca o tempo dos negocios.

Pablo Martínez García, autor do libro “Aprende a innovar” explicará as alternativas de investimento en proxectos innovadores.

José Manuel Fernández, xerente da oficina competitiva IGAPE IP falaranos da Biblioteca de Innovación de Galicia. Un conxunto de libros sobre innovación que se ofrecen gratuitamente en formato electrónico para todos os emprendedores e empresarios galegos. Trátase de libros curtos e prácticos que enfocan cada un deles un aspecto distinto das competencias que fan a unha persoa ou empresa innovadora.