Itinerario: Financiamento.

9:30-10:30: Financiamento de proxectos emprendedores.

Presenta: Luis Cerviño (Subdirector de Programas de Financiamento do IGAPE).

Relatores: Luis Fernández (Director da Rede de Business Angels InnoBAN), Luis Gonzalo González (Director Comercical de AFIGAL), Teresa Mariño (directora do Master en Asesoría Financeira e Xestión de Patrimonios e do European Financial Advisor da Escola de Negocios Novacaixagalicia) e Jorge Sales (Director de Operacións de SOGARPO).  

Resumo: Un dos temas que preocupa a todos aqueles que están pensando en montar un negocio é o financiamento. Neste sentido, expertos como Luis Gonzalo González, director comercial de AFIGAL; Jorge Sales, director de operacións de Sogarpo, Teresa Mariño, profesora da Escola de Negocios de Novacaixagalicia e Luis Fernández, director de InnoBAN, exporarán algunhas claves para pór en marcha unha empresa con certas garantías de éxito. 

O contexto financeiro actual de restrición do crédito, provoca que as empresas deban de revisar o seu modelo de financiamento tradicional baseado case ao 100% no financiamento bancario, polo que os mecanismos de financiamento vía capital cobran maior sentido se cabe nestes tempos.