Itinerario: Financiamento.

10:30-11:15: A Banca Ética en Galicia.

Relatores: Raúl Asegurado (Presidente de Fiare GZ) e Teresa Balado (UCETAG).  

Resumo: Que significa e que implica o financiamento de base ética? A estas dúas cuestións responderán no Día Emprendedro a sección galega da Cooperativa de crédito ético e solidario COOP57 e Fiare GZ.

Dende a experiencia dunha das entidades fundadoras de COOP57-Galicia, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) fará un percorrido por aqueles principios (coherencia, compatibilidade, participación, transparencia, solidariedade e reflexión), que rexen a actividade da banca ética, e mostraremos con casos reais, cales son as dinámicas de traballo, tanto para a captación de aforro, como para a concesión de créditos ás entidades socias.

Pola súa parte, o crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitu dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos transformadores, de xeito que a 31 de marzo de 2011, Fiare concedeu financiamento a máis dun centenar de proxectos por un valor que ascende a case 20.000.000,00 €.