IGAPE,XESGALICIA,AFIGAL, SOGARPO Imprimir
17/04/2008
 
      Gonzalo González Pérez (AFIGAL): Director Comercial de AFIGAL . AFIGAL é unha Sociedade de Garantía Recíproca (S.G.R.) cunha dilatada experiencia no campo dos Servizos Financieiros. AFIGAL está formada por empresas e os seus produtos e servizos están dirixidos a elas.
 
      Jorge J. Sales Illán (SOGARPO): Director de Operaciones de SOGARPO, S.G.R. SOGARPO, S.G.R. é unha sociedade de xestión financieira que, se ben o seu ámbito de actuación comprende tódala Comunidade Autónoma de Galicia, opera fundamentalmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, participando nela Organismos Oficiais, Institucións, a práctica totalidade da banca establecida en Galicia e as empresas máis representativas dos distintos sectores.
 
      José Manuel Ortigueira (XESGALICIA): Director de Investimentos de XESGALICIA, sociedade xestora de entidades de capital risco galega. XESGALICIA financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas.
 

      Cristina Quintela (IGAPE): Directora del Área de Investimentos de IGAPE.

 

      O Igape é a Axencia de desenvolvemento rexional de Galicia. Conta, entre os seus obxectivos, fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.
 
 
1. AFIGAL (www.afigal.es)
 
Image
 
AFIGAL é unha Sociedade de Garantía Recíproca (S.G.R.) cunha dilatada experiencia no campo dos Servizos Financieiros. AFIGAL está formada por empresas e os seus produtos e servizos están dirixidos a elas.
 
As súas actividades teñen como destinataria a empresa e os seus obxectivos fundamentales son:
  • Negociar e conseguir para os seus socios as mellores Lias Financieíras e de Avais Técnicos.
  • Outorgar avais financieiros, técnicos e especiais ás Pequenas e Medianas Empresas, permitindo a estas o acceso á financiación a longo prazo, en condicións preferenciais de tipos de interese, comisións e prazos de amortización.
  • Prestar servizos de asistencia e asesoramento financieiro ás Pemes.
  • Tramitar con axilidade e eficacia as operacións acollidas a Liñas de crédito subvencionadas. (IGAPE, ICO, etc...)
2. SOGARPO (www.sogarpo.es)
 
Image
 
SOGARPO, S.G.R. é unha sociedade de xestión financieira que, se ben o seu ámbito de actuación comprende tódala Comunidade Autónoma de Galicia, opera fundamentalmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, participando nela Organismos Oficiais, Institucións, a práctica totalidade da banca establecida en Galicia e as empresas máis representativas dos distintos sectores.
 
A súa misión é facilitar ás PEMES, a través do seu aval , o acceso ó crédito nas mellores condicións en canto a tipos de xuro, comisións e prazos de amortización, así como facilitarlle-lo asesoramento financieiro necesario para mellorar no posible a súa xestión.
 
3. XESGALICIA
 
Image
 
É a grande entidade galega de xestión de sociedades de capital risco. Financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas. Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a empresas participadas, realizándoo a través da xestión e administración de diferentes e específicos Fondos de Capital Risco. O único requisito a ter en conta, é que sexan empresas non financieiras con valores que non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.
 
4. IGAPE
 
O Igape é a Axencia de desenvolvemento rexional de Galicia. Como ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, entre os seus principais obxectivos están os de fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.