Juan Carlos Cubeiro Imprimir
16/04/2008
Juan Carlos Cubeiro 
 
Image
 
Juan Carlos Cubeiro é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Autónoma de Madrid e en Dereito pola UNED, ademais de diplomado en Marketing Internacional pola Saint Louis University. Na actualidade é profesor de Liderado e Dinamización de Equipos na Universidade de Deusto e de Estratexia e Xestión por Competencias na San Pablo-CEU e na ESADE. Ten impartido clases nas mellores escolas de negocio do noso país.  

É director de Eurotalent, unha empresa de servizos profesionais que se convirte en socio estratéxico das organizacións que apostan por liberar o talento das persoas que as conforman, para seren recoñecidas como empresas preferidas para traballar.  

Está considerado como un dos maiores expertos españois en Talento, Liderado e Coaching. Nos últimos vinte anos ten dirixido proxectos de consultoría estratéxica para máis de 300 compañías, entre elas o 80% das grandes empresas españolas. Dende Eurotalent está a impulsar distintos temas de vangarda que son clave no management europeo: a xestión da diversidade, o liderado e o coaching (como un dos principais referentes mundiais nesta actividade, centrada no desenvolvemento de altas competencias en xerentes e executivos).
Ten impartido conferencias en Londres, París, Bruxelas, Amsterdam, Florencia, Milán, Berlín, Boston, México, Bos Aires e Shanghai. Entre os seus cargos destacan o de vicepresidente executivo da Asociación Española de Coaching, presidente do Instituto Europeo de Xestión da Diversidade en España e conselleiro mundial de HR.com, a maior publicación electrónica da súa especialidade no mundo.  
 
É autor da triloxía “La sensación de fluidez”, o libro de xestión preferido polos directivos españois segundo a revista Capital. Tamén escribiu “TGP (Tu gurú particular)” e  “El triunfo del Humanismo en la Empresa ”, e é coautor dos máis recentes “El club del liderazgo” e  “Coaching Realmente”.