| Juan Freire, un dos bloggers máis recoñecido en España |
|
| 25/04/2008 | |
|
Un dos bloggers máis recoñecido en España, o galego Juan Freire, abordará as opotunidades que as novas tecnoloxías ofrecen aos emprendedores
O terceiro Día Galego do Emprendedor, promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago. A iniciativa enmárcase na campaña Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A súa finalidade é proporcionar aos emprendedores galegos as pautas necesarias para converter unha idea nunha empresa, ademais de mostrar os eidos con máis futuro para emprender en Galicia.
Un dos itinerarios desta xornada xirará en torno a novos modelos de negocio, centrados en particular no ámbito do software libre. En colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), estase a deseñar unha ampla oferta de actividades orientadas a un público novo, ao que se lle ofrecerán exemplos e experiencias emprendedoras neste eido. Tamén se abordará a busca de financiamento nas empresas baseadas no software libre.
|

