| Juan Freire |
|
| 21/04/2008 | |
|
Biólogo, profesor universitario e emprendedor. Dirixe o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras que desenvolve numerosos proxectos de I+D. Explorador do papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía nas redes sociais, as organizacións e as cidades. Máis en http://www.juanfreire.net/.
![]() Mantén tres liñas de traballo complementarias entre as que trata de establecer interaccións e sinerxias. Por unha parte, na súa actividade académica é Doutor en Bioloxía e exerce como Profesor Titular da Universidade da Coruña na que foi Decano da Facultade de Ciencias. Coordina o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesquerías que ten unha intensa actividade en proxectos de I+D. No ámbito, dedícase á investigación científica, con case un cento de publicacións en revistas científicas internacionais e participa en numerosas conferencias e grupos de traballo. Como parte do seu traballo colabora como consultor con empresas, administracións públicas e ONGs en temas de sostibilidade e xestión ambiental. Como parte das súas actividades de xestión universitaria, colabora habitualmente en accións de fomento da innovación e oemprendemento e no establecemento de alianzas e a comunicación entre a universidade e a sociedade (tanto empresas como outras organizacións). Na súa segunda liña de traballo centrouse dende fai varios anos na creación de empresas e na innovación empresarial. En concreto participou como fundador en dous iniciativas empresariais de tipo spin-off (Lonxanet e Fismare). Ambas teñen a súa orixe no seu traballo de investigación dentro da universidade, pero son proxectos independentes que compatibilizou coa súa vida académica. Actualmente exerce de director executivo de Fismare Innovación para a Sostibilidade, unha empresa especializada na consultoría ambiental. Ademais, colaborou coa rede de business angels Alamut Business Network e é co-fundador do proxecto Open Business España, parte do proxecto internacional OpenBusiness. Por último, desenvolveu proxectos e consultoría sobre innovación e estratexia en redes e organizacións, en especial explorando o papel da tecnoloxía e os modelos baseados no paradigma do código aberto nas redes sociais, as universidades, as empresas e as cidades. Nesta terceira vía de traballo participa moi frecuentemente en conferencias, obradoiros e cursos como divulgador e analista das novas tendencias sociais e económicas asociadas aos procesos de cambio tecnolóxico e a globalización. Na actualidad colabora nos medios dixitais ADN.es e Soitu.es. |


