| Marion Suffert |
|
| 12/05/2008 | |
|
Marion Suffert
![]() É unha profesional dos recursos humanos, especialista en emprego e comunicación no cambio organizacional. É considerada unha experta en acompañamento de directivos e de comités de dirección en situacións de cambio.
A partir da súa dilatada traxectoria no campo do cambio organizacional, ideou un método de explotación das redes de contactos para xestionar a comunicación, estendendo estas aplicacionóns logo a outras situacións empresariais que poden involucrar de maneira forte os responsables: creación de negocio, expansión comercial, desenvolvemento organizacional, xestión do cambio e reestruturación social.
Exerceu a súa práctica nas consultorías PA Consulting Group dedicada ao desenvolvemento de directivos, e MOA-BPI Group, especialista en cambio organizativo e reestruturación social, da cal foi directora asociada e responsable da oficina de Barcelona.
Na súa última etapa, puxo en marcha as divisións de BPI recursos humanos e BPI directivos, divisións dedicadas respectivamente á consultoria de Recursos Humanos e á xestión de carreiras de empresarios e altos executivos.
Colabora con diferentes escolas de negocios e universidades (ESADE, IQS, etc.) e institucións público-privadas (asociacións de empresarios, Barcelona Activa, etc.). Actualmente, é socia directora de Vasis Conseil, consultoría especializada en xestión do cambio organizacional e carreiras profesionais. É licenciada e master en Dereito pola Universidade de París II Panthéon. |


