| Mercados emerxentes |
|
| 27/04/2008 | |
|
As economías BRICS (Brasil, Rusia, India e China).
Por que estas economías de China, India, Rusia, Brasil
ou tamén Sudáfrica e Turquía?
Son grandes economías en terrmos de poboación, con apertura exterior con certas condicións e posición dominante nas súas propias rexións. Pero a súa vez, trátase de países moi heteroxéneos en termos de conductores de crecemento e composición da economía.
Relatora:
Linda YuehÉ economista e comentarista de prensa, é membro da Royal Society of Arts. Está especializada en temas económicos e empresariais, particularmente en macroeconomía. O seu libro Macroeconomics versa sobre a economía británica, estadounidense, europea e mundial e as súas investigacións céntranse nos mercados emerxentes en concreto, China o dereito económico internacional, desenvolvemento e crecemento económicos: innovación, OMC, economía laboral. É profesora de economía na Universidade de Oxford e profesora visitante da London Business School. Antes exercera o dereito empresarial internacional durante a súa residencia en Nova York, Beijing e Hong Kong. É membro do Programa sobre Globalización do Centro para o Rendemento Económico (CEP) da London School of Economics and Political Science (LSE). Investigadora asociada da Queen Elisabeth House (Universidade de Oxford) e membro do Colexio de Abogados do Estado de Nova York.
Yueh publicou en infinidade de revistas académicas e especializadas. É editora da serie sobre crecemento e desenvolvementos económicos publicada pola World Scientific Publishing. Entre os seus últimos libros destacan Macroeconomics e Globalisation and Economic Growth in China. Entre os seus próximos números debemos mencionar: The Economy of China, Globalisation in Flux: Legal and Economic Challenges (editora), e The Future of Asian Trade: Economic Growth with the Emergence of China (editora). Recentemente compareceu ante a Comisión de Investigación da Facenda Pública británica e a Comisión de Investigación de Asuntos Exteriores da Cámara dos Comunes do Parlamento británico a propósito do impacto que China está tendo sobre a economía británica e mundial. Traballou como asesora especial para o Foro Económico Mundial de Davos, para o UK Trade & Investment (equivalente ao ICEX español), para a XC
Xunta Asesora Executiva da Economist Intelligence Unit ou para o Royal Institute for International Affairs (Chatham House), entre outros. Por último, é colaboradora habitual de medios de comunicación como a BBC, a CNBC, a CNN, ou o Financial Times.
|



