Mofa e Befa (1º Sesión) Imprimir
21/04/2008
Unha carreira de obstáculos, por Mofa e Befa

Desde un punto de vista irónico e paródico, os artistas comprimirán o que é a vida, esperanzas, aventuras e problemas dun emprendedor. Unha ollada humorística e amable na que os espectadores se verán reflectidos.
 
Desenvolverán un espectáculo, de 30 minutos, que tratará sobre o camiño do emprendedor. Terá un contido cómico que buscará a reflexión irónica sobre o proceso dun emprendedor para crear a súa empresa e consolidala no mercado.
 
Trataranse os seguintes puntos da carreira do emprendedor:
 
-A idea, o nacemento.
-Desenvolvemento da creación da empresa, trámites, burocracia.
-A vida e estabilización do negocio.
-O éxito
                  
Equipo artístico
 
A compañía  Mofa e Befa, o trío cómico por excelencia do panorama teatral galego. O equipo da compañía está composto por:
 
Image
 
-Evaristo Calvo
-Vítor Mosqueira
-Piti Sanz (músico)