| Mofa e Befa (1º Sesión) |
|
| 21/04/2008 | |
|
Unha carreira de obstáculos, por Mofa e Befa
Desde un punto de vista irónico e paródico, os artistas comprimirán o que é a vida, esperanzas, aventuras e problemas dun emprendedor. Unha ollada humorística e amable na que os espectadores se verán reflectidos. Desenvolverán un espectáculo, de 30 minutos, que tratará sobre o camiño do emprendedor. Terá un contido cómico que buscará a reflexión irónica sobre o proceso dun emprendedor para crear a súa empresa e consolidala no mercado.
Trataranse os seguintes puntos da carreira do emprendedor:
-A idea, o nacemento.
-Desenvolvemento da creación da empresa, trámites, burocracia.
-A vida e estabilización do negocio.
-O éxito
Equipo artístico
A compañía Mofa e Befa, o trío cómico por excelencia do panorama teatral galego. O equipo da compañía está composto por:
![]() -Evaristo Calvo
-Vítor Mosqueira
-Piti Sanz (músico) |


