| Mofa e Befa animará aos estudantes de Formación Profesional e de Ensino Secundario a lanzárense á cr |
|
| 13/05/2008 | |
|
O trío cómico Mofa e Befa animará aos estudantes de Formación Profesional e de Ensino Secundario a lanzárense á creación dunha empresa
O vindeiro xoves, 15 de maio, celébrase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o III Día Galego do Emprendedor. Esta iniciativa está impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, organismos da Consellería de Economía e Facenda. A xornada enmárcase na campaña nacional Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Os interesados en asistir aínda se poden inscribir a través da páxina web www.diaemprendedor.com.
Baixo o lema A túa idea, a túa empresa, o obxectivo da xornada é promover e alimentar o espírito emprendedor entre empresarios, emprendedores, técnicos de desenvolvemento local, estudantes e profesores de FP e ESO, e tamén entre universitarios de toda Galicia. Durante o evento achegarase información útil para converter unha idea nun proxecto empresarial viable. Ademais, o público máis novo terá a oportunidade de participar nun amplo abano de actividades lúdicas, destinadas a que os mozos se animen a crear unha empresa.
|

