Networking Imprimir
27/04/2008
networking ten método. É un proceso, con normas e regras que facilitan a súa posta en marcha, desenvolvemento e mantemento.
 
Para utilizar este método, este relatorio permitiravos:
 
-     Descubrir o potencial da vosa rede de contacto.
-    Coñecer as súas normas e regras de comportamento (o que se pode e o que non se     debe).
-    Realizar un diagnóstico exhaustivo e pragmático da vosa rede.
-    Identificar os ámbitos a desenvolver para alcanzar o voso obxectivo.
 
Con este método, poderemos descubrir a importancia dun capital a miúdo desaproveitado. A presentación do noso método de posta en marcha e desenvolvemento da vosa rede permitiravos iniciar unha estratexia amena e entretida para desenvolver o voso negocio.
 
Relator:
 
Image
 
Marion Suffert  é unha profesional dos recursos humanos, especialista en emprego e comunicación no cambio organizacional. É considerada unha experta en acompañamento de directivos e de comités de dirección en situacións de cambio.
 
A partir da súa dilatada traxectoria no campo do cambio organizacional, ideou un método de explotación das redes de contactos para xestionar a comunicación, estendendo estas aplicacionóns logo a outras situacións empresariais que poden involucrar de maneira forte os responsables: creación de negocio, expansión comercial, desenvolvemento organizacional, xestión do cambio e reestruturación social.
 
Exerceu a súa práctica nas consultorías PA Consulting Group dedicada ao desenvolvemento de directivos, e MOA-BPI Group, especialista en cambio organizativo e reestruturación social, da cal foi directora asociada e responsable da oficina de Barcelona.
Na súa última etapa, puxo en marcha as divisións de BPI recursos humanos e BPI directivos, divisións dedicadas respectivamente á consultoria de Recursos Humanos e á xestión de carreiras de empresarios e altos executivos.
 
Colabora con diferentes escolas de negocios e universidades (ESADE, IQS, etc.) e institucións público-privadas (asociacións de empresarios, Barcelona Activa, etc.).
Actualmente, é socia directora de Vasis Conseil, consultoría especializada en xestión do cambio organizacional e carreiras profesionais. É licenciada e master en Dereito pola Universidade de París II – Panthéon.