|
As empresas máis innovadoras do sector da pedra natural en Galicia |
|
|
06/05/2008 |
|
As empresas máis innovadoras do sector da pedra natural en Galicia reuniranse en Santiago para presentar os seus proxectos
A terceira edición do Día Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago. Esta iniciativa está impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. Forma parte da campaña Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Os interesados en asistir xa se poden inscribir na páxina web www.diaemprendedor.com.
No marco desta xornada abordarase a situación actual do sector da pedra en Galicia, en concreto do granito, como modelo de negocio con futuro. Durante o encontro mostraranse as tendencias na utilización da pedra natural por parte do consumidor e das canles de comercialización. Tamén se presentarán experiencias de innovación de empresas galegas, tanto no relativo ao proceso como aos produtos ou á propia xestión.
|
|
|
Un dos inventores españois máis prolífico, Pep Torres, presentará en Santiago os seus inventos |
|
|
02/05/2008 |
|
Un dos inventores españois máis prolífico, Pep Torres, presentará en Santiago os seus inventos e demostrará aos emprendedores galegos que nada é imposible
A terceira edición do Día Galego do Emprendedor terá lugar o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. O evento forma parte da campaña nacional Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Na xornada participará o creativo catalán Pep Torres, que intervirá cun relatorio titulado Nada é imposible. Posúe unha longa traxectoria como inventor das cousas máis variadas, orixinais e en ocasións disparatadas. Aínda que se fixo popular inventando obxectos para programas de televisión, como o desaparecido Crónicas Marcianas ou El Hormiguero da cadea Cuatro, na actualidade dirixe a súa propia empresa, o estudo de invención Stereonoise Ideas, e é moi respectado no mundo do marketing polo éxito das súas propostas creativas, moitas das cales lograron dar a volta ao mundo.
|
|
|
Juan Carlos Cubeiro, un dos maiores expertos mundiais en talento |
|
|
02/05/2008 |
Un dos maiores expertos mundiais en talento, Juan Carlos Cubeiro, mostrará aos empresarios e emprendedores galegos as claves para evitar que as compañías perdan aos seus grandes cerebros
O 15 de maio celébrase no Palacio de Congresos de Santiago o III Día Galego do Emprendedor, impulsado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. Enmárcase na campaña nacional Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Dirixido a emprendedores e empresarios, este evento pretende ofrecer as claves necesarias para transformar as ideas en proxectos empresariais exitosos, así como dar a coñecer as oportunidades de negocio con máis futuro. Os interesados en asistir pódense inscribir na web www.diaemprendedor.com.
No marco desta xornada participará Juan Carlos Cubeiro, un dos maiores expertos españois e internacionais en crear, atraer e reter o talento, tema sobre o que xirará a súa intervención. Define o talento como poner en valor lo que uno sabe hacer e considera que dispoñer de talento é a gran vantaxe competitiva das organizacións. A pesar da súa importancia, asegura que vivimos nun contorno no que esta capacidade é escasa e sinala que non só cómpre atraer talento cara ás empresas, senón tamén fidelizalo. Nesta liña, afirma que na actualidade moitas organizacións sofren dunha rotación moi elevada e non desexada entre os seus profesionais, sobre todo debido ao absentismo emocional, que considera moi perigoso e que afecta, aínda que en distinta medida, ata ao 80% dos profesionais.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 8 - 13 de 13 |