NOTICIAS
|
Resumo de relatorios |
|
|
19/05/2008 |
|
|
|
O pasado 15 de maio celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o III Día Galego do Emprendedor, que contou coa participación de máis de 2.000 asistentes.
|
|
Celebración do III Día do Emprendedor |
|
|
15/05/2008 |
O conselleiro de Economía, Fernández Antonio, salienta o papel da muller como emprendedora e anima aos mozos a asumir riscos a partir dunha actitude de confianza e inconformismo
Esta mañá celebrouse a terceira edición do Día Galego do Emprendedor, que reuniu no Palacio de Congresos de Santiago a 2.000 empresarios, emprendedores, técnicos de emprego e estudantes procedentes de toda Galicia. A iniciativa, impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, forma parte da campaña nacional Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Fernández Antonio salientou o papel da Administración no apoio aos emprendedores en formación, asesoramento e financiamento co obxectivo de transformar as ideas en proxectos viables

O fomento da cultura emprendedora e o apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais é unha das prioridades do Goberno galego, segundo explicou hoxe o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, quen destacou o crecente papel da muller no emprendemento. O conselleiro presidiu a sesión plenaria do Día Galego do Emprendedor, onde salientou a importancia de que os mozos teñan unha actitude inconformista, de ter unha posición crítica de mellora e innovación, e asuman riscos a partir da confianza neles mesmos e no futuro. Trátase de elementos fundamentais na creación de valor e de riqueza para o noso país, resumiu. Fernández Antonio tamén subliñou a importancia que están a ter as mulleres no emprendemento, no estudo, na formación e na creatividade, e animou a seguir nesa liña cunha mentalidade global e con esforzo e espírito de logro.
|
|
|
O III Día Galego do Emprendedor celébrase mañá en Santiago |
|
|
15/05/2008 |
|
O III Día Galego do Emprendedor celébrase mañá en Santiago coa asistencia de empresarios, emprendedores, técnicos de desenvolvemento local e estudantes de toda Galicia
Mañá xoves celébrase no Palacio de Congresos de Santiago o III Día Galego do Emprendedor (http://www.diaemprendedor.com). O evento, impulsado polo Igape e BIC Galicia (da Consellería de Economía e Facenda) forma parte da campaña Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Reunirá a empresarios, técnicos de desenvolvemento local, emprendedores e estudantes procedentes de toda Galicia.
Os novos retos do desenvolvemento local
A xornada divídese en varios itinerarios, cada un dos cales engloba diferentes temáticas. En xeral, presentaranse as principais claves para emprender. E prestaráselle unha especial atención á situación actual e aos retos de futuro do desenvolvemento local, ao tempo que se analizarán as competencias profesionais que deben desenvolver os técnicos en creación de empresas. Abordarase en particular como o persoal técnico que traballa neste eido pode contribuír á consolidación de novos proxectos empresariais.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 7 de 13 |