NOTICIAS
As empresas máis innovadoras do sector da pedra natural en Galicia Imprimir
06/05/2008
As empresas máis innovadoras do sector da pedra natural en Galicia reuniranse en Santiago para presentar os seus proxectos
 
A terceira edición do Día Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago. Esta iniciativa está impulsada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. Forma parte da campaña “Emprendemos Juntos” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Os interesados en asistir xa se poden inscribir na páxina web www.diaemprendedor.com. 
 
No marco desta xornada abordarase a situación actual do sector da pedra en Galicia, en concreto do granito, como modelo de negocio con futuro. Durante o encontro mostraranse as tendencias na utilización da pedra natural por parte do consumidor e das canles de comercialización. Tamén se presentarán experiencias de innovación de empresas galegas, tanto no relativo ao proceso como aos produtos ou á propia xestión.
 
PDF  
 
Un dos inventores españois máis prolífico, Pep Torres, presentará en Santiago os seus inventos Imprimir
02/05/2008
Un dos inventores españois máis prolífico, Pep Torres, presentará en Santiago os seus inventos e demostrará aos emprendedores galegos que “nada é imposible”
 
A terceira edición do Día Galego do Emprendedor terá lugar o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. O evento forma parte da campaña nacional “Emprendemos Juntos” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
 
Na xornada participará o creativo catalán Pep Torres, que intervirá cun relatorio titulado “Nada é imposible”. Posúe unha longa traxectoria como inventor das cousas máis variadas, orixinais e en ocasións disparatadas. Aínda que se fixo popular inventando obxectos para programas de televisión, como o desaparecido “Crónicas Marcianas” ou “El Hormiguero” da cadea Cuatro, na actualidade dirixe a súa propia empresa, o estudo de invención Stereonoise Ideas, e é moi respectado no mundo do marketing polo éxito das súas propostas creativas, moitas das cales lograron dar a volta ao mundo.
 
 
Juan Carlos Cubeiro, un dos maiores expertos mundiais en talento Imprimir
02/05/2008
Un dos maiores expertos mundiais en talento, Juan Carlos Cubeiro, mostrará aos empresarios e emprendedores galegos as claves para evitar que as compañías perdan aos seus grandes cerebros
 
 
O 15 de maio celébrase no Palacio de Congresos de Santiago o III Día Galego do Emprendedor, impulsado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. Enmárcase na campaña nacional “Emprendemos Juntos” do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Dirixido a emprendedores e empresarios, este evento pretende ofrecer as claves necesarias para transformar as ideas en proxectos empresariais exitosos, así como dar a coñecer as oportunidades de negocio con máis futuro. Os interesados en asistir pódense inscribir na web www.diaemprendedor.com.
 
No marco desta xornada participará Juan Carlos Cubeiro, un dos maiores expertos españois e internacionais en “crear, atraer e reter o talento”, tema sobre o que xirará a súa intervención. Define o talento como “poner en valor lo que uno sabe hacer” e considera que dispoñer de talento é a gran vantaxe competitiva das organizacións. A pesar da súa importancia, asegura que vivimos nun contorno no que esta capacidade é escasa e sinala que non só cómpre atraer talento cara ás empresas, senón tamén fidelizalo. Nesta liña, afirma que na actualidade moitas organizacións sofren dunha rotación moi elevada e non desexada entre os seus profesionais, sobre todo debido ao absentismo emocional, que considera moi perigoso e que afecta, aínda que en distinta medida, ata ao 80% dos profesionais.
 
 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 8 - 13 de 13