| O capital necesario para un negocio en Galicia |
|
| 12/05/2008 | |
|
O capital medio necesario para poñer en marcha un negocio na comunidade galega sitúase en torno aos 58.000 euros
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, promoven por terceiro ano consecutivo a celebración do Día Galego do Emprendedor. O evento terá lugar o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago. Esta iniciativa está integrada na campaña Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Os interesados en asistir poden inscribirse na web www.diaemprendedor.com.
Co fin de dar a coñecer a situación do emprendemento en Galicia, contarase coa presenza de Ignacio de la Vega, director e coordinador en España do proxecto internacional GEM -Global Entrepreneurship Monitor-, que avalía a evolución da creación de novas empresas. A comunidade galega participa por segundo ano consecutivo neste estudo, baixo a coordinación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), BIC Galicia e a Universidade de Santiago.
|

