| O Igape e BIC Galicia traballan na formación e na motivación dos estudantes de ensino secundario |
|
| 28/04/2008 | |
|
O Igape e BIC Galicia traballan na formación e na motivación dos estudantes de ensino secundario para fomentar o espírito emprendedor dende as aulas
O vindeiro 15 de maio celébrase en Santiago de Compostela o III Día Galego do Emprendedor, impulsado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda. A iniciativa forma parte da campaña Emprendemos Juntos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e diríxise a empresarios e emprendedores de toda Galicia.
Co fin de promover e alimentar o espírito emprendedor dende o sistema educativo, no marco desta xornada desenvolverase un itinerario de actividades de carácter formativo e lúdico orientadas aos estudantes de ESO e de FP. Tamén haberá un espazo para os profesores destes niveis educativos responsables de materias relacionadas co emprendemento e as iniciativas empresariais.
|

