Os novos retos do desenvolvemento local Imprimir
25/04/2008
As políticas de desenvolvemento local asentáronse como un ámbito de intervención habitual entre as administracións locais. Sen embargo, os acelerados cambios no contorno económico e social fan que estas políticas deban afrontar na actualidade un conxunto de novos retos, relacionados tanto coa propia definición do desenvolvemento local, como cos seus contidos, os seus instrumentos e a súa forma de organización no territorio. Neste obradoiro debatirase sobre eses novos retos e as claves para afrontalos dende o traballo dos axentes de desenvolvemento local.
 
Relator:
 
Image
 
Oriol Estela Barnet. Economista. Traballou dende o sector privado como consultor na posta en marcha e coordinación de procesos de concertación para o desenvolvemento económico local por toda España, onde entre outras actividades impartiu formación para axentes de desenvolvemento local e participou en diversos proxectos das administracións autonómicas e locais. Actualmente exerce de Asesor Técnico en materia de planificación estratéxica para o desenvolvemento económico local na Área de Desenvolvemento Económico da Deputación de Barcelona, na que está traballando para a transformación do modelo actual de pactos territoriais de promoción económica e emprego nun novo modelo de axencias de desenvolvemento local.