Sesions
Mercados emerxentes Imprimir
27/04/2008
As economías BRICS (Brasil, Rusia, India e China).
 
Por que estas economías de China, India, Rusia, Brasil…  ou tamén Sudáfrica e Turquía?
Son grandes economías en terrmos de poboación, con apertura exterior con certas condicións e posición dominante nas súas propias rexións. Pero a súa vez, trátase de países moi heteroxéneos en termos de conductores de crecemento e composición da economía.
 
Relatora:
 
ImageLinda Yueh
 
É economista e comentarista de prensa, é membro da Royal Society of Arts. Está especializada en temas económicos e empresariais, particularmente en macroeconomía. O seu libro Macroeconomics versa sobre a economía británica, estadounidense, europea e mundial e as súas investigacións céntranse nos mercados emerxentes – en concreto, China – o dereito económico internacional, desenvolvemento e crecemento económicos: innovación, OMC, economía laboral. É profesora de economía na Universidade de Oxford e profesora visitante da London Business School. Antes exercera o dereito empresarial internacional durante a súa residencia en Nova York, Beijing e Hong Kong. É membro do Programa sobre Globalización do Centro para o Rendemento Económico (CEP) da London School of Economics and Political Science (LSE). Investigadora asociada da Queen Elisabeth House (Universidade de Oxford) e membro do Colexio de Abogados do Estado de Nova York.
  
Yueh publicou en infinidade de revistas académicas e especializadas. É editora da serie sobre crecemento e desenvolvementos económicos publicada pola World Scientific Publishing. Entre os seus últimos libros destacan Macroeconomics e Globalisation and Economic Growth in China. Entre os seus próximos números debemos mencionar: The Economy of China, Globalisation in Flux: Legal and Economic Challenges (editora), e The Future of Asian Trade: Economic Growth with the Emergence of China (editora). Recentemente compareceu ante a Comisión de Investigación da Facenda Pública británica e a Comisión de Investigación de Asuntos Exteriores da Cámara dos Comunes do Parlamento británico a propósito do impacto que China está tendo sobre a economía británica e mundial. Traballou como asesora especial para o Foro Económico Mundial de Davos, para o UK Trade & Investment (equivalente ao ICEX español), para a XC
Xunta Asesora Executiva da Economist Intelligence Unit ou para o Royal Institute for International Affairs (Chatham House), entre outros. Por último,  é colaboradora habitual de medios de comunicación como a BBC, a CNBC, a CNN, ou o Financial Times.

 
Como conseguir diñeiro para proxectos innovadores Imprimir
21/04/2008
¿Como conseguir diñeiro para proxectos innovadores? A videoconferencia centráse en como preparar un proxecto I+D que sexa atractivo para inversores de capital risco, como crear un equipo, que se inclúa nun Business Plan, como se evalúan proxectos I+D, no ámbito de Biotecnoloxía, dende o punto de vista de Silicon Valley.
 
Relator:
 
Image
 
Joaquim Trias-Sureda
 

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Barcelona, completo un Postdoc na Universidade de California en Berkeley, traballa como investigador no Instituto Pasteur en París e na Facultade de Medicina no Hospital Pitie-Salpetriere, Universidade de Paris VI; profesor titular de Microbioloxía na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona. Dende 1992 traballa no sector de Biotecnoloxía no Silicon Valley onde, dende 1992, participa  na  fundación de 5 empresas de Biotecnoloxía como científico, e en 3 empresas como co-fundador. Catro empresas no sector de I+D de novos antibióticos (Microcide Pharmaceuticals, Peninsula, Versicor/Vicuron, Tetraphase), e unha en I+D de novos medicamentos anti-inflamatorios (Anthera). Participa no desenvolvemento dos Business Plans, proxectos de I+D, e en conseguir financiación para crear as empresas e financiar os proxectos I+D. Tamén colabora estreitamente con Capital Risco para evaluar proxectos que buscan financiación.

 

 

Ler máis...
 
Empreocúpate Imprimir
21/04/2008
Presentación da iniciativa conxunta da Consellería de Economía e Facenda, a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, o IGAPE e BIC Galicia, denominada Empreocúpate.
 
Esta iniciativa consiste nun novo soporte para o que se coñece como «Módulo Ocupacional de Creación de Empresas», que un Módulo transversal que se imparte nos cursos de formación ocupacional da Consellería de Traballo. É un soporte que tamén está preparado para sevir no so para formación ocupacional, en xeral está pensado para a formación para o emprego.
 
Comentaránse as características e estrucuta de este material que vai mais alá dun “soporte en papel” para o profesor e para o alumno, que sexa de utilidade só no momento de realizar o «Módulo Ocupacional» de forma exclusivamente presencial e que pretende achegar aos alumnos/as ao proceso de creación de empresas ou de calquera outra iniciativa emprendedora, dun xeito práctico e dinámico.
 
A metodoloxía que se utilizará e tratará de transmitir, é un dos principais aspectos diferenciadores, deixando de ser expositiva baseándose no traballo na clase, a través dunha serie de fichas e dinámicas que permiten ao alumno ir descubrindo de xeito claro e sinxelo o proceso de creación de empresas e diversos conceptos relacionados que é preciso destacar como ferramenta coa que construír unha sólida base de orientación posterior.
 
Os materiais están deseñados para que calquera profesor poida impartir o módulo dotándoo de autonomía e capacidade para desenvolver a
materia independentemente da súa especialidade, contando sempre con soporte e contacto directo cos elaboradores dos contidos.
 
Relatores:
  • Ángeles Lestón Mayo, Xefa do Servizo de Planificación de Formación Ocupacional e Continua da Consellería de Traballo.
  • Enrique Gómez Fernández, Técnico de Formación de BIC Galicia.
 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 43