|
Pedro Moneo |
|
|
12/05/2008 |
|
Pedro Moneo
Director Adxunto de Fedit. Tras a súa formación como Enxeñeiro Superior Industrial, especializado en técnicas enerxéticas, o seu labor profesional centrouse na realización de plans estratéxicos, plans de inversión, diversificiación e expansión internacional, trasnformación organizacional, etc. Pedro é un exemplo claro de emprendedor, é socio fundador de Opinno, Open Innovation, empresa que, entre outros, presta servizos de asesoramento estratéxico á Federación Española de Innovación Tecnolóxica. Socio director de Allwatt Energy S.L., empresa dedicada ao desenvolvemento de proxectos de enerxía renovable en América Latina, utilizando tecnoloxías europeas e fondos de cooperación multilateral. E director Xeral de Inbac Europe, un fondo de inversión de Silicon Valley, que traballa con tecnoloxías en todo o mundo.
|
|
|
Juan Freire |
|
|
21/04/2008 |
Biólogo, profesor universitario e emprendedor. Dirixe o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras que desenvolve numerosos proxectos de I+D. Explorador do papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía nas redes sociais, as organizacións e as cidades. Máis en http://www.juanfreire.net/.
|
|
Ler máis...
|
|
|
José Juan Alonso (Igalia) |
|
|
21/04/2008 |
|
Cooperativa galega de software libre |
|
Ler máis...
|
|
|
Allenta. Roberto Moreda |
|
|
21/04/2008 |
|
Roberto Moreda
Licenciado en Informática Desarrollador Debian
- Experiencia en contribución a través de parches en distintos proxectos OpenSource (Apache, Squid, Samba, ...)
Perfil emprendedor:
- Fundador e director de Alfa21 Oursourcing (ano 2000)
- Fundador e director de Allenta Consulting (ano 2005)
Actualmente ocupa o cargo de director de Allenta Consulting, empresa especializada no deseño, despregamento e mantemento de infraestrutura de sistemas TI baseados en Linux e software OpenSource.
Allenta ofrece servizos especializados de consultoría sobre contorno Linux para organizacións con sistemas críticos, facendo énfase nos campos de seguridade e alta dispoñibilidade de servizos de infraestrutura. |
|
Ler máis...
|
|
|
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz. |
|
|
21/04/2008 |
Hapaxmedia.net é unha iniciativa privada de xestión e produción cultural con sede en Sevilla, especializada nos ámbitos da comunicación audiovisual, novas tecnoloxías e formación. Os membros de Hapaxmedia.net forman o colectivo ZEMOS98.
ZEMOS98 é un equipo de comunicólogos e tecnólogos da imaxen e o sonido. Son expertos en produción audiovisual, xestión cultural e novas tecnoloxías. Investigaron as narrativas surxidas nos novos medios e crearon espazos para a cultura audiovisual e dixital. Organizan o festival ZEMOS98, polo que pasaron nomes como DJ Spooky, Peter Greenaway, Scanner, Eclectic Method ou Coldcut.
Mantén dende fai 10 anos unha convocatoria internacional de obras en vídeo de corta duración que recibe cada ano máis de 700 pezas de 50 países diferentes, cun premio na edición dun DVD que se proxecta en varios países.
Foron responsables de proxectos de investigación cultural e formativos en numerosos formatos como seminarios, workshops, conferencias, exposicións, charlas, cursos, proxeccións, publicacións ou concertos audiovisuais. EO colectivo ZEMOS98 é editor de libros como Creación e Inteligencia Colectiva (2005), La televisión no lo filma (2006) ou Cultura digital y comunicación participativa (2006). Produciu e comisariou exposicións como Repeat, Please: Cultura VJ ou Panel de Control. Interruptores críticos para unha sociedade vixilada (xunto á Fundación Rodríguez). Reclaim the Spectrum, baixo o comisariado de Xosé Luis de Vicente, é tamén unha produción de ZEMOS98. Tanto os libros como os catálogos edítaps dende 2004 baixo licencias libres e están dispoñibles para a súa descarga directa e gratuíta en http://www.zemos98.org.
O colectivo e os seus membros participan en proxectos on.line satélites de ZEMOS98 como mediateletipos.net, paneldecontrol.cc, filmica.com ou o seu propio sistema de aloxamento de blogs, así como o programa de radio sobre cultura audiovisual e dixital Radioactivos.
ZEMOS98 10a é o festival que organiza o colectivo ZEMOS98 do 24 ao 30 de marzo en diferentes espazos de Sevilla. ZEMOS98 volverá a acelerar o pulso da cultura audiovisual da cidade a través de espectáculos audiovisuais, proxeccións, Sección Oficial, ademais das novidades que ofrecerá o colectivo nesta edición tan especial. Este é un resumo de toda a programación e aquí ten máis información detallada a continuación. |
|
Ler máis...
|
|
|