Sesions
Mercados emerxentes Imprimir
27/04/2008
As economías BRICS (Brasil, Rusia, India e China).
 
Por que estas economías de China, India, Rusia, Brasil…  ou tamén Sudáfrica e Turquía?
Son grandes economías en terrmos de poboación, con apertura exterior con certas condicións e posición dominante nas súas propias rexións. Pero a súa vez, trátase de países moi heteroxéneos en termos de conductores de crecemento e composición da economía.
 
Relatora:
 
ImageLinda Yueh
 
É economista e comentarista de prensa, é membro da Royal Society of Arts. Está especializada en temas económicos e empresariais, particularmente en macroeconomía. O seu libro Macroeconomics versa sobre a economía británica, estadounidense, europea e mundial e as súas investigacións céntranse nos mercados emerxentes – en concreto, China – o dereito económico internacional, desenvolvemento e crecemento económicos: innovación, OMC, economía laboral. É profesora de economía na Universidade de Oxford e profesora visitante da London Business School. Antes exercera o dereito empresarial internacional durante a súa residencia en Nova York, Beijing e Hong Kong. É membro do Programa sobre Globalización do Centro para o Rendemento Económico (CEP) da London School of Economics and Political Science (LSE). Investigadora asociada da Queen Elisabeth House (Universidade de Oxford) e membro do Colexio de Abogados do Estado de Nova York.
  
Yueh publicou en infinidade de revistas académicas e especializadas. É editora da serie sobre crecemento e desenvolvementos económicos publicada pola World Scientific Publishing. Entre os seus últimos libros destacan Macroeconomics e Globalisation and Economic Growth in China. Entre os seus próximos números debemos mencionar: The Economy of China, Globalisation in Flux: Legal and Economic Challenges (editora), e The Future of Asian Trade: Economic Growth with the Emergence of China (editora). Recentemente compareceu ante a Comisión de Investigación da Facenda Pública británica e a Comisión de Investigación de Asuntos Exteriores da Cámara dos Comunes do Parlamento británico a propósito do impacto que China está tendo sobre a economía británica e mundial. Traballou como asesora especial para o Foro Económico Mundial de Davos, para o UK Trade & Investment (equivalente ao ICEX español), para a XC
Xunta Asesora Executiva da Economist Intelligence Unit ou para o Royal Institute for International Affairs (Chatham House), entre outros. Por último,  é colaboradora habitual de medios de comunicación como a BBC, a CNBC, a CNN, ou o Financial Times.

 
10 erros financeiros Imprimir
27/04/2008
Habitualmente, as persoas emprendedoras empezan a súa andadura empresarial con bos coñecementos técnicos da súa actividade, pero, dispoñen de suficientes coñecementos financieiros?
 
A experiencia demostra que se reproducen os mesmos erros financieiros nunha gran parte dos proxectos empresariais que comenzan.
 
Coñecer as necesidades financieiras derivadas dos investimentos en activo fixo, en mercadorías, en clientes, nas posibles perdas iniciais; escoller os produtos financieiros que se axustan ás nosas necesidades, establecer un fondo de maniobra positivo e buscar un equilibrio de masas patrimoniais son algúns dos erros financieiros máis frecuentes no inicio de calquera actividade
 
Este obradoiro tratará de presentar e dar resposta a ditos erros financieiros.
 
Relator:
 
Image
 
Xabier Soldevila Moliner
 
Diplomado en Ciencias dos Negocios por Management School. Máster en Ciencias dos Negocios por Management School. M.B.A. en ESADE (Escola Superior de Administración e Finanzas). Foi director de Planificación e responsable do Departamento de programación e Planificación de Recursos materiais. DREEFS IBÉRICA. Adxunto a xerencia e responsable do Departamento Financieiro- Contable. BRUSI, e director administrativo- financieiro. SUPER RIGO, S.A. Na actualidade é consultor do Área de Creación e Dinamización de Empresas.
 
Empreocúpate Imprimir
21/04/2008
Presentación da iniciativa conxunta da Consellería de Economía e Facenda, a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, o IGAPE e BIC Galicia, denominada Empreocúpate.
 
Esta iniciativa consiste nun novo soporte para o que se coñece como «Módulo Ocupacional de Creación de Empresas», que un Módulo transversal que se imparte nos cursos de formación ocupacional da Consellería de Traballo. É un soporte que tamén está preparado para sevir no so para formación ocupacional, en xeral está pensado para a formación para o emprego.
 
Comentaránse as características e estrucuta de este material que vai mais alá dun “soporte en papel” para o profesor e para o alumno, que sexa de utilidade só no momento de realizar o «Módulo Ocupacional» de forma exclusivamente presencial e que pretende achegar aos alumnos/as ao proceso de creación de empresas ou de calquera outra iniciativa emprendedora, dun xeito práctico e dinámico.
 
A metodoloxía que se utilizará e tratará de transmitir, é un dos principais aspectos diferenciadores, deixando de ser expositiva baseándose no traballo na clase, a través dunha serie de fichas e dinámicas que permiten ao alumno ir descubrindo de xeito claro e sinxelo o proceso de creación de empresas e diversos conceptos relacionados que é preciso destacar como ferramenta coa que construír unha sólida base de orientación posterior.
 
Os materiais están deseñados para que calquera profesor poida impartir o módulo dotándoo de autonomía e capacidade para desenvolver a
materia independentemente da súa especialidade, contando sempre con soporte e contacto directo cos elaboradores dos contidos.
 
Relatores:
  • Ángeles Lestón Mayo, Xefa do Servizo de Planificación de Formación Ocupacional e Continua da Consellería de Traballo.
  • Enrique Gómez Fernández, Técnico de Formación de BIC Galicia.
 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 43