|
Eduardo Manchón |
|
|
|
Juan Freire |
|
|
21/04/2008 |
Biólogo, profesor universitario e emprendedor. Dirixe o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras que desenvolve numerosos proxectos de I+D. Explorador do papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía nas redes sociais, as organizacións e as cidades. Máis en http://www.juanfreire.net/.
|
|
Ler máis...
|
|
|
eBox Nacho Correas |
|
|
21/04/2008 |
eBox é unha plataforma que permite xestionar todos os servizos de rede corporativos dunha forma sinxela, intuitiva e rápida. É un desenvolvemento aberto á comunidade de software libre que está crecendo de forma imparable. Contáronse máis de 40.000 descargas da plataforma en todo o mundo, e incluso Ubuntu, a distribución de Linux máis popular do momento, utilizará eBox. A empresa Warp é un exemplo claro (para os escépticos) de como se poden gañar cartos e crecer e innovar sen parar cun negocio 100% baseado en software libre.
Nacho Correas é un emprendedor mozo, dinámico e apaixoado polos modelos de negocio con software libre e de desenvolvemento colaborativo. Enxeñeiro industrial pola Universidade de Zaragoza (España) e pola École Centrale de Lille (Francia), Nacho viviu case a metade da súa experiencia profesional no estranxeiro, principalmente en Finlandia, cuna dalgunhas das principais tecnoloxías abertas como Linux, MySQL e ssh. Foi precisamente neste país nórdico onde descubriu o software libre e toda a súa filosofía de desenvolvemento e, tras vivir tres longos invernos, decidiu volver a España para fundar a súa propia consultora sobre tecnoloxías abertas. Así, durante máis de tres anos, Nacho dirixiu o desenvolvemento de negocio de Warp Networks, que conta actualmente cunha plantilla de máis de 20 empregados e factura anualmente preto de 1M. Ademais de Warp, Nacho é cofundador de dúas empresas de inversión, ambas en activo, polo que coñece de primeira man a idiosincrasia do inversor. No mes de febreiro, Nacho fundou a súa cuarta empresa, eBox Technologies, creada para comercializar un produto de código aberto desenvolto dentro de Warp, pasando a dirixir o seu desevolvemto de negocio a partir de agora.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Blobject. Alfredo Romeo. |
|
|
21/04/2008 |
|
"Nuevas formas de hacer ciudad", sintetiza que ofrece a súa empresa á sociedade. O século XXI caracterízase por ser un século de cambios radicais nas formas de organizarnos como sociedade debido á progresiva penetración das tecnoloxías de información. Isto supón para o conxunto da sociedade e para o mundo corporativo en particular, cambios radicais na forma de organizarse e de facer negocios. É por elo, que o código xenético de Blobject, empresa que nace no ano 2004, atópase caracterizado por unha serie de principios que conforman o que somos.
Alfredo Romeo
É empresario e xoven. Comezou na cidade con Blobject, unha sociedade dedicada a facilitar un método de transporte ecolóxico e asequible para o turismo: os coches eléctricos, unha flota que posteriormente creceu con Segway, eses patinetes popularizados por Steve Jobs, dono e señor de Apple. |
|
Ler máis...
|
|
|
Allenta. Roberto Moreda |
|
|
21/04/2008 |
|
Roberto Moreda
Licenciado en Informática Desarrollador Debian
- Experiencia en contribución a través de parches en distintos proxectos OpenSource (Apache, Squid, Samba, ...)
Perfil emprendedor:
- Fundador e director de Alfa21 Oursourcing (ano 2000)
- Fundador e director de Allenta Consulting (ano 2005)
Actualmente ocupa o cargo de director de Allenta Consulting, empresa especializada no deseño, despregamento e mantemento de infraestrutura de sistemas TI baseados en Linux e software OpenSource.
Allenta ofrece servizos especializados de consultoría sobre contorno Linux para organizacións con sistemas críticos, facendo énfase nos campos de seguridade e alta dispoñibilidade de servizos de infraestrutura. |
|
Ler máis...
|
|
|
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz. |
|
|
21/04/2008 |
Hapaxmedia.net é unha iniciativa privada de xestión e produción cultural con sede en Sevilla, especializada nos ámbitos da comunicación audiovisual, novas tecnoloxías e formación. Os membros de Hapaxmedia.net forman o colectivo ZEMOS98.
ZEMOS98 é un equipo de comunicólogos e tecnólogos da imaxen e o sonido. Son expertos en produción audiovisual, xestión cultural e novas tecnoloxías. Investigaron as narrativas surxidas nos novos medios e crearon espazos para a cultura audiovisual e dixital. Organizan o festival ZEMOS98, polo que pasaron nomes como DJ Spooky, Peter Greenaway, Scanner, Eclectic Method ou Coldcut.
Mantén dende fai 10 anos unha convocatoria internacional de obras en vídeo de corta duración que recibe cada ano máis de 700 pezas de 50 países diferentes, cun premio na edición dun DVD que se proxecta en varios países.
Foron responsables de proxectos de investigación cultural e formativos en numerosos formatos como seminarios, workshops, conferencias, exposicións, charlas, cursos, proxeccións, publicacións ou concertos audiovisuais. EO colectivo ZEMOS98 é editor de libros como Creación e Inteligencia Colectiva (2005), La televisión no lo filma (2006) ou Cultura digital y comunicación participativa (2006). Produciu e comisariou exposicións como Repeat, Please: Cultura VJ ou Panel de Control. Interruptores críticos para unha sociedade vixilada (xunto á Fundación Rodríguez). Reclaim the Spectrum, baixo o comisariado de Xosé Luis de Vicente, é tamén unha produción de ZEMOS98. Tanto os libros como os catálogos edítaps dende 2004 baixo licencias libres e están dispoñibles para a súa descarga directa e gratuíta en http://www.zemos98.org.
O colectivo e os seus membros participan en proxectos on.line satélites de ZEMOS98 como mediateletipos.net, paneldecontrol.cc, filmica.com ou o seu propio sistema de aloxamento de blogs, así como o programa de radio sobre cultura audiovisual e dixital Radioactivos.
ZEMOS98 10a é o festival que organiza o colectivo ZEMOS98 do 24 ao 30 de marzo en diferentes espazos de Sevilla. ZEMOS98 volverá a acelerar o pulso da cultura audiovisual da cidade a través de espectáculos audiovisuais, proxeccións, Sección Oficial, ademais das novidades que ofrecerá o colectivo nesta edición tan especial. Este é un resumo de toda a programación e aquí ten máis información detallada a continuación. |
|
Ler máis...
|
|
|
José Juan Alonso (Igalia) |
|
|
21/04/2008 |
|
Cooperativa galega de software libre |
|
Ler máis...
|
|
|