Reorganización un rápido crecemento de produción: INDEPORT, S.L. Imprimir
27/04/2008
“Reorganización da loxística nunha empresa de fabricación de mobiliario para a súa adaptación a un rápido crecemento da produción ” 
 
A empresa INDEPORT, especializada na fabricación de frontes para mobles de cociña e armarios, experimentou nos últimos anos un crecemento considerable da súa produción. A ampliación da nave de xeito irregular e o incremento significativo do persoal en pouco tempo obrigou á empresa a acometer un proxecto de reorganización da súa loxística, tanto no almacén (implantación dun novo sistema de almacenaxe), como na nave de fabricación (mellora de lay-out e dos fluxos de produción), e a definición de novos procedementos de traballo para adaptarse a súa nova dimensión.