Sesión Plenaria Imprimir
13/05/2008
A Sesión plenaria será o acto central do III Día do Emprendedor de Galicia, nela o experto Ignacio de la Vega abordará a súa visión do emprendemento. Director de Desenvolvemento Estratéxico do Instituto de Empresa e profesor da Área de Creación de Empresas desta prestixiosa escola de negocios, tamén dirixe e coordina os estudos GEM en España. O informe GEM é un proxecto que avalía a evolución da creación de novas empresas a escala internacional.
 
A Sesión Plenaria contará coa intervención do Conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio.
 
A sesión será moderada pola periodista e presentadora de televisión Marga Pazos.
 

Horario e sala: 11.30 a 13.00 na Sala Santiago.