Sistema automático de almacenaxe en PÓRTICO Imprimir
28/04/2008
“A evolución do almacén tradicional a un sistema automático de almacenaxe en PÓRTICO"
 
A empresa PÓRTICO presenta o proxecto que desenvolveu para transforma-lo seu almacén tradicional, onde xestiona máis de 11.000 referencias de productos das súas dúas grandes liñas de negocio (división agasallo e división moble), nun almacén automático de paletas e nun sistema semiautomático de preparación de pedidos na área de agasallo. Nun momento de gran expansión no mercado nacional e internacional da empresa, este novo sistema proporcionou unha solución adaptada á problemática da gran diversidade de tamaños, formas e volumes das referencias e permitiu acadar melloras significativas en productividade e na rapidez no servicio de entregas.