| Tes madeira emprendedora |
|
| 27/04/2008 | |
|
Reflexión sobre os diferentes elementos actitudinais que caracterizan ás persoas emprendedoras. Funcionamento da ferramenta "autodiagnóstico" (de xeito paralelo á celebración dos obradoiros e plenarios, estará a disposición de todas as persoas que acudan á xornada, un espazo onde poderán realizar un autodiagnóstico das súas competencias emprendedoras a través dunha ferramenta software especialmente deseñada para esta materia. Despois de responder a unha serie de preguntas, o programa emite un completo informe onde se especifica o grao de incorporación de competencias emprendedoras e indicacións para a mellora persoal).
Que tipo de características teñen as persoas que con éxito emprendendo? Pódense identificar este tipo de características na vida cotiá? Teño eu estas características e como podo sabelo? Pódense adquirir estas características ou hai que nacer con elas?
Relator:
Jaume Amill Miralles. Economista. Socio-Consultor de DAleph, especialista en políticas públicas de desenvolvemento empresarial con máis de 15 anos de experiencia na materia. |

