| Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz. |
|
| 21/04/2008 | |
|
Hapaxmedia.net é unha iniciativa privada de xestión e produción cultural con sede en Sevilla, especializada nos ámbitos da comunicación audiovisual, novas tecnoloxías e formación. Os membros de Hapaxmedia.net forman o colectivo ZEMOS98.
ZEMOS98 é un equipo de comunicólogos e tecnólogos da imaxen e o sonido. Son expertos en produción audiovisual, xestión cultural e novas tecnoloxías. Investigaron as narrativas surxidas nos novos medios e crearon espazos para a cultura audiovisual e dixital. Organizan o festival ZEMOS98, polo que pasaron nomes como DJ Spooky, Peter Greenaway, Scanner, Eclectic Method ou Coldcut.
Mantén dende fai 10 anos unha convocatoria internacional de obras en vídeo de corta duración que recibe cada ano máis de 700 pezas de 50 países diferentes, cun premio na edición dun DVD que se proxecta en varios países.
Foron responsables de proxectos de investigación cultural e formativos en numerosos formatos como seminarios, workshops, conferencias, exposicións, charlas, cursos, proxeccións, publicacións ou concertos audiovisuais. EO colectivo ZEMOS98 é editor de libros como Creación e Inteligencia Colectiva (2005), La televisión no lo filma (2006) ou Cultura digital y comunicación participativa (2006). Produciu e comisariou exposicións como Repeat, Please: Cultura VJ ou Panel de Control. Interruptores críticos para unha sociedade vixilada (xunto á Fundación Rodríguez). Reclaim the Spectrum, baixo o comisariado de Xosé Luis de Vicente, é tamén unha produción de ZEMOS98. Tanto os libros como os catálogos edítaps dende 2004 baixo licencias libres e están dispoñibles para a súa descarga directa e gratuíta en http://www.zemos98.org.
O colectivo e os seus membros participan en proxectos on.line satélites de ZEMOS98 como mediateletipos.net, paneldecontrol.cc, filmica.com ou o seu propio sistema de aloxamento de blogs, así como o programa de radio sobre cultura audiovisual e dixital Radioactivos. ZEMOS98 10a é o festival que organiza o colectivo ZEMOS98 do 24 ao 30 de marzo en diferentes espazos de Sevilla. ZEMOS98 volverá a acelerar o pulso da cultura audiovisual da cidade a través de espectáculos audiovisuais, proxeccións, Sección Oficial, ademais das novidades que ofrecerá o colectivo nesta edición tan especial. Este é un resumo de toda a programación e aquí ten máis información detallada a continuación.
Felipe González |

